Gaña Ribera, perde Weber e Feijóo queda só: dez días de ruído en Bruxelas que non moveron nada CC BY  — Os 22 eurodeputados do PP prometen votar a próxima semana contra o colexio de comisarios enteiro: o seu illamento resultará unha imaxe moi estrana para un partido que se di europeísta ... Praza Pública 3 min
Unha aposta e dous modelos sanitarios: a incerta continuidade de Muface afecta a máis de cen mil per... CC BY  — En Galicia, o conxunto de mutualistas está formado por 101.030 membros, das cales 37.931 xa escollen o Sergas para a súa atención médica. A aseguradora que atende á gran maioría das 63.099 restantes é Adeslas, seguida por DKV e Asisa. "Aínda non podemos calcular as necesidades que teríamos no caso de que se producise ese traspaso", di o conselleiro de Sanidade ... Praza Pública 2 hr
A difícil volta ao pacto lingüístico de hai vinte anos suma atrancos CC BY  — Ao Goberno de coalición PSdeG-BNG correspondeulle comezar a aplicar o Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade no tardofraguismo. O PP desmarcouse e, cando volveu á Xunta, reduciuno a un "remuíño de ideas", mera "referencia". As discrepancias aireadas polo dimisionario Daniel Chapela acrecentan o mar de fondo lingüístico que persiste no PPdeG dende a ruptura do consenso en 2007 e fan medrar o escepticismo sobre a vontade real de chegar a un acordo ... Praza Pública 2 hr
A Vila do Mañá: o barrio como taboleiro de xogos na reconquista das rúas para a infancia CC BY  — O proxecto vén de ser premiado na XIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo celebrada en Perú pola actividade realizada no barrio vigués de Coia en colaboración co IES Alexandre Bóveda que buscaba espertar en adolescentes, nenos e nenas "unha nova mirada dos espazos nos que habitan" de cara a que participen na definición do futuro das cidades.  ... Praza Pública 15 hr
A xustiza volve ver indicios de que a CRTVG vulnera o dereito á folga do persoal na vixésima xornada... CC BY  — "Esta decisión xudicial evidencia a existencia das prácticas ilícitas para reprimir ás folguistas", salienta o comité de folga da CRTVG despois de que a xustiza obrigue o ente público a repoñer un traballador na súa quenda de traballo e no posto como produtor do Termómetro, o programa da TVG que vén sendo afectado polos paros  ... Praza Pública 16 hr
A xustiza volve sinalar que a CRTVG vulnera o dereito á folga do persoal na vixésima xornada de paro... CC BY  — "Esta decisión xudicial evidencia a existencia das prácticas ilícitas para reprimir ás folguistas", salienta o comité de folga da CRTVG despois de que a xustiza obrigue o ente público a repoñer un traballador na súa quenda de traballo e no posto como produtor do Termómetro, o programa da TVG que vén sendo afectado polos paros  ... Praza Pública 16 hr
Defensa garante que o arquivo militar fica en Ferrol CC BY  — "Non haberá traslado dos fondos documentais depositados no Arquivo Militar de Ferrol", afirma o ministerio tras a alerta de colectivos de defensa da memoria histórica sobre un posible traslado a Madrid de documentos clave para o estudo da represión franquista en Galicia ... Praza Pública 18 hr
O esgrafiado tradicional galego, declarado "patrimonio cultural inmaterial" CC BY  — A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta vén de incluír no Censo do Patrimonio Cultural esta técnica de albanelaría para realizar decoracións sobre os morteiros de cal nas paredes. Destaca o seu uso nas comarcas de Lemos, Chantada, A Ulloa e O Deza e na Ribeira Sacra ... Praza Pública 19 hr
Os nacementos en Galicia acadan un novo mínimo na serie histórica malia o aumento das nais procedent... CC BY  — En 2023 naceron en Galicia 14.004 nenos e nenas, case 500 menos que no ano anterior. Galicia é a terceira comunidade autónoma cunha menor taxa de natalidade, só por diante de Asturias e Cantabria. No 21% dos nacementos que tiveron lugar en Galicia a nai procedía de fóra do Estado español. En 2018 a porcentaxe era só do 15% ... Praza Pública 21 hr
A Xunta declara "confidencial" un estudo de PWC para a concesión do hospital de Vigo porque o pide a... CC BY  — A Interventora Xeral en 2010, a despois conselleira Elena Muñoz, emitiu informe favorable á decisión política de Feijóo de gastar 1.168 millóns na concesión do Álvaro Cunqueiro o mesmo día que recibiu o expediente de contratación ... Praza Pública 1 d
"Dicir que non vas derrogar o decreto do plurilingüismo é voar as pontes para un pacto pola lingua" CC BY  — "Non lle cuspes nun ollo a quen ten que pactar contigo. Que é a policía do galego? Querer que se fale galego nas escolas? Daquela, eu son a policía do galego", afirma o ata agora coordinador de Cultura do PPdeG, quen abandona o cargo e a militancia no partido afirmando que o actual conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude "non é competente" nesas áreas pola súa falta de "preparación" nun momento de "emerxencia lingüística" que precisa de "altura de miras". A decisión de marchar, asegura, tomouna tras a recente mobilización de Queremos Galego e as reaccións ao respecto da Xunta e dos populares ... Praza Pública 1 d
Laura Fernández Abalde recibe a eutanasia: "tiven unha boa vida e terei unha boa morte" CC BY  — A pesar da resistencia inicial do Sergas a aceptar un procedemento abreviado ante o avance do seu cancro terminal, a viguesa finalmente puido acceder a unha morte digna nun prazo máis curto do habitual. Nos últimos días pedía potenciar unidades de paliativos como a do Meixoeiro e animaba a facer o testamento vital. Tamén pedía non votar a partidos "que tratan de restrinxir dereitos como a morte digna ou o aborto". ... Praza Pública 1 d
O Comité de Ministros do Consello de Europa reclama á Xunta que o galego estea "dispoñible" en todos... CC BY  — O órgano aprobou este martes en Estrasburgo unha serie de recomendacións dirixidas ás autoridades do Estado español en liña coas recomendacións do Comité de Expertos sobre o cumprimento da Carta Europea de Linguas Rexionais e Minoritarias. Tamén se demanda á Xunta que "tome medidas para asegurar" o uso do galego nas instalacións sanitarias e de atención social. ... Praza Pública 1 d
Dimite o coordinador de Cultura do PPdeG, Daniel Chapela, pola "incompetencia" do conselleiro coa li... CC BY  — Integrado na directiva de Alfonso Rueda desde 2022, Chapela critica a "incapacidade para xestionar un futuro para a lingua nun momento no que as mensaxes esperanzadoras deben ser o eixe fundamental" ... Praza Pública 1 d
Pontón chama "autoritario e antidemocrático" a Rueda, que se defende cos seus resultados electorais CC BY  — O presidente da Xunta e o líder do PSdeG poñen en dúbida o respectivo interese en loitar contra a violencia de xénero ... Praza Pública 1 d
Bosquexo da taxa turística na autoemenda do PP á Xunta: ata 2,5 euros e un máximo de cinco días CC BY  — Os populares dan en concretar pola vía das emendas á lei de acompañamento algunhas das características da futura taxa turística, que nacerá bonificada ao 100% e os concellos interesados poderán cobrar coa forma de "recarga". Ficarán fóra estadías por motivos de saúde ou competicións deportivas,  persoas menores de idade ou con discapacidade superior ao 65% ou os albergues do Xacobeo ... Praza Pública 2 d
A Vila de Mañá: o barrio como taboleiro de xogos na reconquista das rúas para a infancia CC BY  — O proxecto vén de ser premiado na XIII Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo celebrada en Perú pola actividade realizada no barrio vigués de Coia en colaboración co IES Alexandre Bóveda que buscaba espertar en adolescentes, nenos e nenas "unha nova mirada dos espazos nos que habitan" de cara a que participen na definición do futuro das cidades.  ... Praza Pública 2 d
"Novo chanzo represivo" nos medios públicos: o comité de folga denuncia que a CRTVG abre expedientes... CC BY  — Dúas traballadoras da CRTVG en folga recibiron este luns a notificación da apertura dun expediente disciplinario "por falta moi grave" a causa dun presunto "incidente" que tivo lugar o pasado venres coincidindo co comezo dos paros que veñen impedindo a emisión do programa O Termómetro na TVG ... Praza Pública 2 d
Rueda critica "a politización" dos actos para mudar a política lingüística do PP CC BY  — O presidente da Xunta salienta que houbo "moitas bandeiras independentistas" no acto deste domingo apoiado por ducias de entidades, incluídos BNG e PSdeG ... Praza Pública 2 d
O clamor de xustiza para Samuel, nas mans dun xurado popular tres anos despois CC BY  — Os membros do xurado teñen ata 72 horas para deliberar sobre o papel dos acusados que propinaron a malleira mortal ao mozo coruñés ao berro de "maricón". A acusación sinala os cinco por asasinato, aínda que se abre a unha cualificación alternativa para dous deles en calidade de cómplices ... Praza Pública 2 d
A Fiscalía ratifica a viraxe e pide retirar a condena por Angrois ao cargo de Adif pero mantela ao m... CC BY  — Ao remate do xuízo a Fiscalía virou sorpresivamente a súa postura e retirou a acusación ao cargo de Adif, pero agora, con este xa condenado pola xuíza, vai un paso máis alá e pide que se revogue a súa condena ... Praza Pública 3 d
Mercadona é condenada por vulnerar a liberdade sindical dun traballador ao que despediu sen xustific... CC BY  — O home recibira varias valoracións eloxiosas dos seus superiores no supermercado da Valenzá pero tras involucrarse nunhas eleccións sindicais foi despedido sen que a empresa puidese dar á Xustiza "unha xustificación razoable" ... Praza Pública 3 d
Tráfico inicia unha semana de controis de buses escolares tras denunciar 139 dos 297 inspeccionados ... CC BY  — "O 90% dos accidentes que se producen son no momento de subir ou baixar do vehículo", salienta ... Praza Pública 3 d
Varios milleiros de persoas reclaman un cambio de rumbo para o galego CC BY  — A convocatoria unitaria de Queremos Galego! pide á Xunta volver ao consenso arredor da lingua de hai dúas décadas roto por intereses electorais do PP ... Praza Pública 3 d
O PP emenda a Xunta e improvisa unha rebaixa de impostos a propietarios de ata 4 vivendas se alugan ... CC BY  — Os populares engaden no último momento 128 páxinas á lei de acompañamento dos Orzamentos con novas disposicións sobre os sectores eólico, turístico, mineiro, do xogo ou da dependencia, entre outros ... Praza Pública 4 d
Cruz Risco, a pioneira do cine galego da que non sabiamos nada CC BY  — Xaime Varela rescata nunha investigación a figura desta ourensá (a filla máis nova de Vicente Risco) que participou como directora, guionista ou técnica de son nunha quincena de producións audiovisuais dende os anos setenta, entre elas o documental sobre a emigración galega Por que marchamos (1978), codirixido con outras catro estudantes de cine en París. É, probablemente, a primeira directora galega de cine, pero ata agora a súa traxectoria fora completamente invisibilizada. ... Praza Pública 4 d
A Xunta tarda 10 meses en reabrir a ponte caída entre Ourense e Trives e prevé para 2026 a estrada a... CC BY  — O Goberno galego vén incumprindo tanto na OU-536 como na LU-651 os sucesivos prazos que el mesmo se fixou para recuperar a normalidade ... Praza Pública 5 d
"A estrutura caciquil non vai desaparecer porque o fagan os Baltar, calquera partido tentaría rendib... CC BY  — O libro 'Os Baltar, a senda do caciquismo na democracia plena' aproveita a memoria e experiencia de dous xornalistas, Cristina Huete e Primitivo Carbajo, sen os que non se coñecerían boa parte dos escándalos que rodearon a familia Baltar ... Praza Pública 5 d
Nace en Vigo unha plataforma contra o impacto do turismo masivo na vivenda, no comercio e no medio a... CC BY  — Formada por 18 entidades de Vigo e O Morrazo, propón "limitar e regular estritamente as vivendas de uso turístico", aplicar unha taxa turística e limitar o fluxo de visitantes en espazos naturais sensibles. Alerta tamén contra a precariedade laboral na hostalaría, a destrución do comercio local ou a sobrecarga dos servizos públicos ... Praza Pública 5 d
A presión de Feijóo leva o PP europeo a poñer en xaque o funcionamento das institucións da UE CC BY  — O líder do PP europeo pon en perigo a estabilidade da Comisión Europea, rompendo a maioría proeuropea ao aliñarse coa extrema dereita ... Praza Pública 5 d
Castelao, presidente CC BY  — O Parlamento conmemora o 80º aniversario do Consello de Galiza nun acto solemne que vén recoñecer a Castelao como primeiro presidente da autonomía política do país. "O Consello de Galiza non tiña nin sede, pero si un liderado incuestionable, un faro de galeguismo, democracia, honestidade e coherencia: o seu presidente", resalta o presidente do lexislativo galego, Miguel Santalices ... Praza Pública 5 d
"Gústame explorar a animalidade que hai no ser humano, que é bastante" CC BY  — Lara Dopazo Ruibal regresou tras dous anos nos Estados Unidos cun libro de contos na maleta (e no maxín). O libro, Contos gringos, editado por Galaxia, é o resultado de ter tempo para escribir e de que escribir fose a única encomenda dos días que a autora pasou na ‘América profunda’, a que vota a Donald Trump; pero foi rematado nun 'retiro' na Residencia de Creación Literaria da Illa de San Simón organizada pola Xunta o ano pasado ... Praza Pública 5 d
O dereito á morte digna de Laura Fernández, entre a burocracia do Sergas e os procedementos abreviad... CC BY  — A viguesa Laura Fernández Abalde sofre un cancro con metástase que avanza máis rapido que os trámites legais da eutanasia que solicitou. Ela repite que quere marchar "con dignidade", pero a Consellaría de Sanidade di que os prazos non se poden acelerar. A asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD) responde á Xunta que "por suposto que existe" a posibilidade dun "procedemento abreviado" para acceder á eutanasia en casos coma este ... Praza Pública 5 d
Feijóo, Xunta e patronal gábanse nun acto patrocinado por Abanca fronte a "un certo chavismo" instal... CC BY  — A CEG organiza en Santiago un acto co líder da oposición estatal, presentado polo presidente do Goberno galego, no que os empresarios piden menos impostos e máis "flexibilidade laboral" ... Praza Pública 5 d
A Xustiza revela máis incumprimentos de Monbus nos buses escolares antes de que a Xunta lle prorroga... CC BY  — Os incumprimentos non só se produciron no inicio dos contratos en 2022 senón tamén en 2023, pero a finais dese ano Educación prorrogounos todos argumentando que funcionaban "dun xeito adecuado pese a incidencias puntuais" ... Praza Pública 6 d
190 mil persoas non teletraballan en Galicia a pesar de que o seu tipo de emprego o permitiría CC BY  — Ao redor de 114 mil persoas teletraballan en Galicia total ou parcialmente, o que equivale ao 10,2% das persoas que teñen un emprego remunerado. O dato, achegado polo INE, amosa un grande incremento dende as 95 mil do ano 2023. Porén, hai unha porcentaxe moi importante de persoas que non teletraballa aínda que o podería facer. ... Praza Pública 6 d
O galego avanza na súa normalización nos cemiterios: de excepción a un uso cada vez máis frecuente CC BY  — As conclusións dos Encontros para a normalización lingüística destacan que grazas ao impulso de diversas iniciativas a presenza da lingua aumentou notablemente en lápidas, exequias e necrolóxicas. Iniciativas como En galego agora e sempre, unha mellor dispisición de clero e empresas funerarias e a maior concienciación da sociedade contribuíron a rachar o tabú existente ... Praza Pública 6 d
A conselleira de Medio Ambiente sinala o TSXG pola "marea de suspensións" eólicas ante empresariado ... CC BY  — Xunta e PP veñen incrementando a presión sobre a sala de cinco membros do TSXG que leva suspendidos cautelarmente algo máis de 60 parques eólicos e atribuíndo as decisións a un dos seus maxistrados, Luís Villares, polo seu pasado político. Nun "foro técnico" organizado polo Goberno galego, Ángeles Vázquez volve poñer o foco en Villares e "lamenta" que "declinase" o seu "convite" persoal para intervir no evento malia que implicaría abordar en público asuntos competencia da Sala do tribunal da que fai parte ... Praza Pública 6 d
Bombeiros do lume galego á lama de València: "Estamos rebentados, pero reconforta o agradecemento" CC BY  — Un bombeiro forestal da Brif de Laza comparte a súa experiencia intervindo en localidades afectadas polas riadas. Vén de chegar de retirar lama nun centro de ensino no que tras dous días de traballo, "acabamos vendo o chan". "Aquí decátaste da magnitude da traxedia" ao comprobar, exemplifica, como tras baleirar un local "dinche: este coche non é noso", chegou ao interior arrastrado polas augas. ... Praza Pública 1 w
Unha semana para celebrar e pensar o patrimonio como ponte entre xeracións CC BY  — O sábado celébrase o Día Internacional do Patrimonio. Ponte nas Ondas entrega o venres 15 os premios do Certame Imaxes do Patrimonio en Vigo, que un día despois acolle o espectáculo Ponte de Patrimonio, gala do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. O Consello da Cultura organiza en Navia de Suarna a xornada Soster o noso Patrimonio Cultural do Rural  e participa en Vilalba na I Xornada de Patrimonio Inmaterial. ... Praza Pública 1 w
Persoal mobilizado da CRTVG aproba continuar coa folga e chama a participar nunha manifestación en d... CC BY  — Traballadoras e traballadores en folga na Corporación de Radio e Televisión de Galicia convocan a toda a cidadanía galega a participar nunha gran manifestación en defensa dos medios públicos o domingo 1 de decembro ... Praza Pública 1 w
Transportes presenta o sétimo estudo no que vai de século para mellorar o tren Ferrol-A Coruña CC BY  — O novo estudo encargado hai seis anos para o denominado bypass de Betanzos propón unha solución similar a outra xa analizada en 2016, cun enlace de 1,6 quilómetros que custaría 29 millóns de euros ... Praza Pública 1 w
Máis presión da Xunta á poboación en paro con apenas un 1% de colocacións grazas ás oficinas de empr... CC BY  — O Goberno galego inicia a implantación dos "acordos de actividade" previstos na lei estatal e preséntaos politicamente como unha forma de distinguir as persoas anotadas no paro que "realmente queren traballar" e retirarlles prestacións ao resto. Tres de cada catro baixas nas listas do paro débense a colocacións sen oferta laboral chegada dende o Servizo Público de Emprego ... Praza Pública 1 w
Galicia perdeu 500 millóns en xogos en 2023, o dobre que o azaroso ano anterior CC BY  — As lotarías e apostas do Estado seguen dominando o sector cun progresivo aumento das lotarías instantáneas e xogos activos da ONCE e un lento retroceso das máquinas comecartos, que aínda provocan unha cuarta parte das perdas ... Praza Pública 1 w
Das formas de abordar a paisaxe aos desafíos da IA: os premios María Luz Morales destacan ensaios e ... CC BY  — As oito edicións dos Premios María Luz Morales da Academia Galega do Audiovisual configuran un corpus de investigación en galego sobre o audiovisual que a comunidade investigadora valora especialmente. Manuel Barreiro Rozados, Juan Ares, Víctor Soho e Breogán Xague foron os gañadores, mentres que Rebeca Novo e Severiano Casalderrey recibiron cadanseu accésit ... Praza Pública 1 w
O TSXG suspende cautelarmente outros 3 parques eólicos e xa son 62 os parados en 76 concellos CC BY  — O tribunal permitiu ata o momento a continuidade de cinco proxectos ao desestimar neses casos as peticións de paralización formuladas por ecoloxistas ou veciñanza ... Praza Pública 1 w
A Xunta admite "importante saturación" de granxas na Limia "que poden afectar á calidade das augas" ... CC BY  — Medio Ambiente autoriza unha explotación de 614 xatos sen citar posibles efectos acumulativos dous anos despois de que o TSXG anulase un permiso outorgado "prescindindo do resto de granxas existentes" e dos seus "impactos acumulativos" ... Praza Pública 1 w
Política Social aforra 20 millóns anuais na Risga dende a implantación do Ingreso Mínimo estatal CC BY  — Antes da creación da prestación estatal a Xunta destinaba 64 millóns anuais á súa renda de inclusión e agora achega apenas 40. A Risga pasou en catro anos de máis de 9.000 persoas beneficiarias a pouco máis de 5.000. Para que ambas axudas sexan compatibles cómpre unha reforma legal que a Xunta ten conxelada dende hai un cuatrienio ... Praza Pública 1 w
BNG e PSdeG afean o veto a Feijóo na comisión dos contratos e Rueda di que tiveron 13 anos para preg... CC BY  — Pontón encadra o veto nunha "deriva antidemocrática" do PP e Besteiro advirte de que o PSdeG "explorará todas as vías legais posibles para garantir que a actuación da Xunta é investigada". O xefe do Executivo resolve que "en 13 anos non atoparon razóns para facerlle preguntas" sobre "estas cousas" e agrega que "xa vai para tres anos" que Feijóo "non é presidente" ... Praza Pública 1 w
Rueda inicia en Noia unha xira do Consello da Xunta por vilas CC BY  — O presidente anuncia a conversión en autovía do corredor Brión-Noia e atopa unha protesta contra a crise marisqueira na ría ... Praza Pública 1 w